Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ferido grave un menor ao ser acoitelado nas festas da Ascensión en Santiago

Ferido grave un menor ao ser acoitelado nas festas da Ascensión en Santiago

O mozo quedou ferido nunha perna e foi trasladado en ambulancia ao hospital da capital galega

A vítima non puido identificar o agresor porque recibiu a coitelada polas costas

G24.gal 19/05/2023 10:31 Última actualización 19/05/2023 14:43

Ocorreu contra as oito ao carón dunha das zonas máis transitadas no día grande das festas da Ascensión de Santiago, a escasos metros do sitio onde está instalada a nora. Alí, a vítima, un rapaz de 14 anos, recibiu unha coitelada na parte posterior do muslo.

A rápida actuación dun axente da policía evitou que o menor se desangrase ao taparlle a ferida antes de que o trasladasen ao Hospital Clínico de Santiago, onde conseguiron estabilizalo. Agora está fóra de perigo.

Os mozos que estaban coa vítima din que descoñecen quen foi o autor da agresión, que pasou desapercibida mesmo para os que traballan nas atraccións máis próximas. Só se decataron da mobilización do persoal de urxencias.

Os veciños que pasean con frecuenca por alí están preocupados por este suceso e lamentan, especialmente, que a vítima sexa un menor. 

O suceso está en fase de investigación. Prevén citar a declarar os mozos que estaban presentes no lugar en calidade de testemuñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade