Un morto e tres feridos nun tiroteo en Estocolmo
Un morto e tres feridos nun tiroteo en Estocolmo
A policía deitvo dous sospeitosos duns 20 anos, tras unha hora dunha intensa persecucion policial
A ameaza terrorista volve aparecer no corazón de Europa. Polo menos unha persoa morreu e tres resultaron feridas vítimas dun tiroteo aparentemente indiscriminado perpetrado por dous atacantes, segundo as primeiras informacións.
Os feitos sucederon nunha praza ao sur de Estocolmo, a capital de Suecia, e os dous sospeitosos foron detidos pola Policía tras unha persecución en coche durante máis dunha hora. Un dos feridos foi atopado preto dunha igrexa.
As vítimas son dous mozos de 15 anos, un home de 45 e unha muller de 65 anos, conforme informa un xornal local.
Persoal sanitario atendeu a varias persoas no lugar do ataque e as forzas de seguridade despregaron con rapidez un importante dispositivo na zona sur da capital sueca.
A policía recibiu o primeiro aviso ás 18:13 horas e logo seguiron outras alarmas por un tiroteo con armas automáticas. Os primeiros axentes que chegaron atoparon a dúas persoas feridas xunto ao acceso a unha estación de metro que estaban a ser atendidas por transeúntes, explicou un portavoz policial, Towe Hägg.
Outras dúas persoas feridas foron localizadas nas proximidades, unha delas xunto a unha igrexa e a outra nunha rúa próxima. Un dos feridos morreu no lugar e os outros tres foron trasladados a un hospital, relatou Hägg.
Tras unha hora de persecución en coche pola estrada E4 en sentido sur, a policía detivo dous sospeitosos. Nesa persecución participaron uns 20 coches da policía. Os dous sospeitosos do ataque teñen uns 20 anos e no seu coche localizaron varias armas automáticas.