Un mozo coruñés é viral nas redes sociais cos seus vídeos de 'artistadas'
Un mozo coruñés é viral nas redes sociais cos seus vídeos de 'artistadas'
O seu éxito levouno a asinar o seu primeiro contrato cunha aplicación que aínda non está dispoñible en Europa
Adrián Perez Rama ten 18 anos. Con 14 comezou a subir vídeos a Youtube, onde na actualidade conta con case 300.000 subscritores. Pero foi durante o confinamento cando deu o salto a TikTok, onde suma 3.900.000 seguidores.
Presenta o seu contido baixo o nome de 'Artistadas en casa' onde amosa como facer manualidades no fogar. Mais coa pandemia procura máis o entretemento. O seu éxito levouno a asinar o seu primeiro contrato cunha aplicación que aínda non está dispoñible en Europa, pero si en China e Latinoamérica.
Coñece ben como funcionan os algoritmos e teno claro: para chegar ao público fai falta algo máis que esforzo e constancia.
Polo de agora el segue compaxinando os seus estudos coa creación de contidos á que lle dedica varias horas ao día.