Cargando resultados...
Un mozo de 23 anos ferido leve tras un brutal accidente en Carballo
Os veciños denuncian que se trata dun lugar con constantes accidentes
G24.gal
08/12/2021 14:21
Pasaban das dez da noite deste martes cando os veciños escoitaron un golpe forte e saíron para comprobar o que pasara.
Un coche bateu contra o muro dunha casa e de xeito milagreiro o condutor, de 23 anos, logrou saír del antes de que se incendiase por completo.
O dono da vivenda danada, localizada no lugar de Xoane, asegura que os accidentes son constantes neste punto e que a pesar de pediron que se tomen medidas ningunha administración lles fai caso.
A Garda Civil investiga agora as circunstancias en que se produciu o brutal accidente.