Un mozo morre nun accidente de tráfico nas Pontes de García Rodríguez
O falecido saiu despedido do vehículo que comezou a arder pola forza do impacto
Un mozo veciño de Ortigueira faleceu esta noite nun accidente de tráfico acontecido a poucos quilómetros das Pontes de García Rodríguez. O falecido, duns vinte anos era o único ocupante do vehículo.
Saíuse da vía a altura da parroquia do Freixo, nunha tramo de curvas moi pronunciadas. No momento do accidente, pouco despois da medianoite, a estrada estaba esvaradía e había algo de néboa.
O coche caeu por un pequeno noiro e o condutor saiu despedido do interior do vehículo, impactando no chan a varios metros do turismo.
A forza do golpe fixo arder o coche que quedou totalmente calcinado. Ao lugar trasladáronse os equipos de emerxencias que xa non puideron facer nada por salvar a vida do home.