Un novo ataque ruso contra civís en Ucraína deixa polo menos oito mortos en Liman
Un novo ataque ruso contra civís en Ucraína deixa polo menos oito mortos en Liman
Zelenski regresa de Turquía cos líderes da resistencia en Mariúpol, que estaban alí tras a súa liberación por Rusia o ano pasado
Ucraína conmemora os 500 días de guerra con "avances sostidos" nas frontes do norte e de Bakhmut
Un bombardeo ruso este sábado na localidade de Liman, na rexión oriental de Donetsk deixou polo menos oito civís mortos e outra decena feridos. A fiscalía rexional informa de que as tropas rusas dispararon contra o centro de Liman, "con munición de acio desde lanzafoguetes múltiples Smerch" e atacaron os residentes que estaban na rúa e nos postos comerciais.
Unha vivenda particular, cinco turismos e unha tenda quedaron danados. Eran contra as 10 da mañá do sábado, cando se cumprían 550 días desde que comezou a grande invasión rusa cando un proxectil ruso impactou nun barrio residencial.
O ataque sucedeu na xornada do regreso de Zelenski desde Turquía, canda os líderes da resistencia de Mariúpol, que permanecía en Istambul desde setembro. Volodímir Zelenski visitou este sábado a Illa das Serpes, un símbolo para Ucraína da súa reconquista do país.
Liman non esta moi lonxe da fronte de Bakhmut, unha das zonas onde os choques entre os dous exércitos son máis intensos desde hai meses.
Os dous bandos contan por milleiros os mortos nesa cidade, case deserta hoxe en día e destruída e que antes da invasión rusa tiña uns 70.000 veciños. Trátase dunha das poucas localidades que Rusia logrou controlar nos últimos meses. Na súa contraofensiva Ucraína trata agora de recuperar o seu control. O Reino Unido asegura que logra avanzar polo norte e polo sur no medio de intensos combates.
En Liman, Rusia está a levar a iniciativa e somete esta zona a contastes ataques coma o deste sábado.