Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un novo caso de violencia vicaria en Barcelona

Un novo caso de violencia vicaria en Barcelona

Todo apunta a que o pai matou os seus fillos, de 7 e 10 anos, e despois suicidouse inundando a casa de gas

G24.gal 09/01/2024 14:01

Varios indicios apuntan a un acto intencionado de violencia vicaria, para facerlle dano á nai. Segundo o que transcendeu ata o momento, o gas da cociña estaba aberto, e as portas e ventás da vivenda pechadas e precintadas, supostamente para evitar fugas.

"Empezamos a notar o cheiro cando os bombeiros derrubaron a ventá", comenta unha veciña.

Foi a nai dos menores quen deu a alerta. Os pequenos, de 7 e 10 anos, non se incorporaron a clase no primeiro día tras as vacacións de Nadal. Contra as cinco e media da tarde, un amplo dispositivo despregouse diante da vivenda. Dentro atoparon os tres corpos.

Autopsias

Será determinante o resultado da autopsia. Os corpos dos nenos non tiñan sinais aparentes de violencia. Sospéitase que o pai lles subministrou algunha substancia e que despois se suicidou inundando a casa de gas, pero as investigacións están baixo segredo. O que si confirmou o xulgado é que non hai denuncias previas por violencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade