Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dous novos incendios en Ourense elevan a oito os activos en Galicia

Dous novos incendios en Ourense elevan a oito os activos en Galicia

Son 3.510 as hectáreas afectadas e sete dos incendios son en Ourense

A Xunta ve acreditada a intencionalidade en varios fogos de agosto

G24.gal 13/08/2022 19:56 Última actualización 14/08/2022 22:24

Declaráronse dous novos incendios na provincia de Ourense nas últimas horas e están activos. Un deles en Oímbra, na parroquia de Chás, deixa conforme as últimas estimacións 60 hectáreas queimadas. Outro lume aféctalle ao concello de Riós, nas parroquias de Fumaces e A Trepa que supera as 75 hectáreas ardidas.

Este domingo deuse por controlado o incendio rexistrado na Gudiña, en Pentes,  que calcinou 90 hectáreas cunha nova medición e en Ribas de Sil, en Torbeo, está estabilizado outro que tamén incrementou o terreo ardido ata as 40 hectáreas.

Así, quedan oito incendios activos arestora en Galicia.  

O único incendio que permanece sen control é o de Laza e Chandrexa de Queixa, pero avanza cara á súa estabilización, está case perimetrado, despois de arderen 2.100 hectáreas. Seguen a refrescar os puntos quentes na zona para acometer tarefas de remate e extinción, tras unirse nun único lume.

Ademais, está estabilizado o incendio do Irixo, que arrasou 680 hectáreas; e quedaron controlados os lumes de Boborás, en Astureses, con 120 hectáreas, e o de Casaio, en Carballeda de Valdeorras, con 440 hectáreas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade