Un novo terremoto, de 5,3 graos, causa o pánico en Turquía
Un novo terremoto, de 5,3 graos, causa o pánico en Turquía
O sismo prodúcese dúas semanas despois dos devastadores terremotos do día 6 que causaron máis de 44.000 mortos no país
Un terremoto de magnitude 5,3 causou o pánico este sábado na provincia de Nigde, na zona centro sur de Turquía. O sismo tivo lugar ás 10:27 GMT e puido sentirse en varias provincias veciñas. Produciuse preto da zona devastada a primeiros de mes por dous graves terremotos.
Segundo informa a prensa turca, aínda non se teñen noticia de posibles danos do tremor deste sábado.
Os terremotos de magnitudes 5 e 6 son relativamente frecuentes en Turquía, que rexistra unha decena deste tipo de tremores ao longo do ano.
O día 6, dous sismos de magnitude 7,7 e 7,6, causaron máis de 44.000 mortos e deixaron preto de dous millóns de persoas sen fogar.