Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un operativo antidroga deixa cando menos 21 detidos no Salnés

Un operativo antidroga deixa cando menos 21 detidos no Salnés

A Policía Nacional realiza rexistros desde esta madrugada en varios lugares de Vilagarcía, Vilanova e a Illa de Arousa

Non se agarda que pasen a disposición xudicial polo de agora

G24.gal 21/11/2022 11:49 Última actualización 21/11/2022 12:46

Polo menos 21 persoas foron detidas no transcurso da operación contra o narcotráfico que a Policía Nacional ha liderado na ría de Arousa, con rexistros e detencións nas provincias galegas de Pontevedra e A Coruña.

O operativo foi coordinado polo xulgado de instrución número 1 de Vilagarcía, que decretou o secreto na causa polo que apenas se coñecen detalles.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, órgano que confirmou os arrestos no marco desta operación policial, explicou que os rexistros sucederon desde primeira hora deste luns nos municipios da Illa de Arousa, Vilanova e Vilagarcía.

Ademais, a autoridade policial autorizou a entrada, principalmente en domicilios, tamén en Cambados e Catoira (Pontevedra) e en Boiro e Rianxo (A Coruña).

Entre os lugares inspeccionados está un chalé na zona da Laxe, en Vilagarcía; outra vivenda en San Miguel de Deiro (Vilanova) ou unha nave de Catoira.

Nestes rexistros, segundo o alto tribunal galego, comisouse diñeiro, coches e teléfonos móbiles pertencentes a esta organización.

As unidades antidroga da Policía Nacional, Udyco e Greco Galicia, lideraron este operativo, que contou co apoio dun helicóptero e por cans do servizo cinolóxico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade