Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un panadeiro de Boiro fai o repartimento nunha bicicleta eléctrica

Un panadeiro de Boiro fai o repartimento nunha bicicleta eléctrica

Encargou unha semellante ás que se usaban de antigo para non ter que ir na furgoneta

Mantén o negocio de panadería dos avós, pero trasladouno a unha zona urbana pola perda de poboación no rural 

G24.gal 21/04/2023 14:17

Manuel Ourille naceu entre fariña e aspira a xubilarse como panadeiro, seguindo unha tradición familiar que iniciou seu avó nun lugar de Lousame que el continuou, pero que agora acaba de reemprender en Boiro. No novo obradoiro recupera un modo de facer máis artesán, primando, di, a calidade sobre a cantidade. Iso supón recuperar maneiras de facer que xa practicara noutros tempos que di que lle fan disfrutar máis do oficio. A transformación vai na liña da panadería actual de facer fermentacións longas con masa nai e tamén de diversificar os tipos de fariñas e outros engadidos. 

Pero os cambios non se limitan ao proceso de produción portas adentro.  Manuel tamén innovou á hora do reparto. Xa traía de sempre o seu pan da montaña por esta zona litoral da Barbanza, pero agora prima a venda no propio obradoiro e os pedidos da hostalería faino sen bicicleta. Di que lle xurdiu a idea porque o gasoil está polas nubes. Inspirouse nos carriños deste tipo que empregaban as antigas boulangeries francesas e encargoulle a un fabricante que lla construíra. 

"É unha bicicleta eléctrica que ten un caixón e púxenlle unhas cestas para distribuír o pan no sector da hostalería".

Mantén aínda certa cota de repartimento en furgoneta, pero vai indo a menos, por iso conta que a alternativa da bicicleta lle vai axudar a capear o temporal demográfico que o levou a pechar o seu antigo obradoiro de Lousame. 

"Para cando chove poño o chuvasqueiro e para a bicicleta téñolle outro chuvasqueiro para que non se me molle o pan". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade