Un penalti evita a primeira vitoria do Bergantiños en cinco meses
Un penalti evita a primeira vitoria do Bergantiños en cinco meses
Brunet adiantou aos das Eiroas na primeira metade
Un minuto fatídico, con expulsión de Brunet e penalti de Uzal, evitou a vitoria
O Bergantiños segue sen poder darlle unha ledicia á súa afección nas Eiroas. Os de Carballo estiveron preto da vitoria contra o Guijuelo, pero finalmente viron fuxir dous puntos co empate de Caramelo e, con eles, a posibilidade de acadar o primeiro triunfo na Liga desde o mes de novembro.
O gol de Brunet, na primeira metade, achegaba o obxectivo dun equipo que xa está matematicamente descendido. Os de Xosé Durán aínda tiveron outro par de boas accións antes do descanso. Pero, na segunda metade, un minuto fatídico botou por terra todos os esforzos.
Primeiro o propio Brunet vía o segundo cartón amarelo por unha falta ao bordo da área e deixaba ao equipo con dez. E, no saque da falta, unhas mans de Uzal eran castigadas con penalti. Caramelo transformou a pena máxima establecendo o empate a uns.
O resultado xa non se moveu nos últimos minutos, e dous novos puntos fuxían das Eiroas.