Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un pescador captura en Vigo un espectacular polbo de 10 quilos

Un pescador captura en Vigo un espectacular polbo de 10 quilos

O home tivo que facer tanta forza que acabou con maniotas nas pernas

G24.gal 28/12/2023 20:34

Un pescador captura en Galicia un espectacular polbo de dez quilos. Este exemplar fóra do normal foi capturado por un pescador na contorna do Museo do Mar de Vigo.

O home viu que algo picara o anzol e, ao agarrar a cana, notou moito peso. Tanto tivo que tirar para sacalo da auga que ao día seguinte tiña maniotas nas pernas.

Pero a cousa non remata aquí, porque cando se achegou á beira o animal soltouse dos ganchos e o pescador tivo que meterse na auga para poder recuperar este exemplar, que causou moita espectación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos