Un pirómano atemoriza A Pobra do Caramiñal
Un pirómano atemoriza A Pobra do Caramiñal
Provocou catro incendios na vila en menos dun mes
A Garda Civil abriu unha investigación para dar co autor dos incendios intencionados
Os incendios intencionados son cada vez máis habituais na Pobra do Caramiñal. En menos dun mes rexistráronse catro.
Os dous primeiros iniciáronse o 25 de abril de madrugada e con pouco tempo de diferenza entre un e outro. O obxectivo foron dous colectores do lixo.
Cinco días despois, o 30 de abril, os bombeiros de Ribeira e Protección Civil da Pobra recibían outro aviso. Desta volta as lapas calcinaron catro colectores do lixo e estiveron a piques de queimar un vehículo que estaba nas inmediacións. Tamén comezaron de madrugada.
Unha semana despois, o 8 de maio, rexistrábase en Cabío o incendio máis grave en canto a danos materiais. Como nos casos anteriores, o lume iniciouse nuns colectores do lixo pero acabou calcinando un turismo de alta gama aparcado ao seu carón.
Tanto o propietario do vehículo como os propietarios desta cafetaría onde queimaron todo o mobiliario da terraza denunciaron os feitos ante a Garda Civil de Boiro, que xa abriu unha investigación para atopar o autor ou autores dos incendios.
As primeiras hipóteses apuntan a que todos os incendios intencionados poderían ser obra dunha mesma persoa.
Os veciños están preocupados por se houbese un pirómano na vila.