Final feliz en Alfoz para un mozo de Mali que chegou só a Tenerife sendo menor
Final feliz en Alfoz para un mozo de Mali que chegou só a Tenerife sendo menor
Estableceuse na Mariña, onde traballa nunha granxa
Manéxase na granxa á perfección, coñece este traballo coma se nacese nel. Para Yayi é o final feliz despois dunha nenez e adolescencia pasando apuros e fame na súa casa en Malí, ata que un día decidiu escapar buscando unha vida mellor.
Chegou como mena (menor estranxeiro non acompañado) a Tenerife e despois trasladárono á península, tivo outros traballos ata que adestrando ao rugby coñeceu o fillo de Juanjo. Aí naceu unha amizade que o conduciu a traballar nunha granxa da Mariña onde atopou unha nova familia, un lugar no que encaixa, tamén laboralmente.
Hai unha semana que Yayi animou outro amigo de Malí que coñeceu no centro de menores para que viñese traballar a esta granxa de Alfoz, onde lle gustaría quedar para sempre.
Manda diñeiro de vez en cando á súa familia, e se mellora a situación no país quere volver a Malí, si, pero só de vacacións. El xa é outro veciño máis da Mariña.