Ruta de 200 quilómetros polos Ancares para dar a coñecer o insomnio letal
Ruta de 200 quilómetros polos Ancares para dar a coñecer o insomnio letal
O obxectivo é que se investigue esta enfermidade rara que nun ano acaba cunha persoa
O vindeiro 8 de xuño un grupo de amigos vai participar no reto de percorrer en bicicleta unha ruta de máis de 200 quilómetros polos Ancares con 6.200 metros de desnivel acumulado.
O obxectivo é dar visibilidade ás enfermidades priónicas, entre as que está o insomnio letal, doenza que acabou coa vida do irmán de Jacobo, o rapaz que organiza este reto.
O pasado ano cumpriron outro reto, cunha peregrinación e unha ruta diferente, e que os levou ata a Praza do Obradoiro.
Jacobo e Pablo son bos deportistas e bos amigos dende que eran pequenos. Pablo coñecía perfectamente a dor e a impotencia coa que Jacobo viviu a morte do irmán.
O insomnio letal é unha enfermidade neurodexenerativa rara tan descoñecida que neste caso non conseguiron un diagnosticado ata tres meses antes do falecemento.
Non se sabe cal é a causa do insomnio letal, pode ser xenético ou esporádico. España é o país do mundo que máis casos ten.
O que Jacobo e os seus amigos queren é que se investigue para evitar que máis persoas sufran o que padeceu o seu irmán e a súa familia.