Un robot buscará no Vilaboa Uno o mariñeiro desaparecido
Hoxe é o terceiro día de loito oficial, e os familiares das vítimas quéixanse de falta de información
Un robot submarino baixa ao lugar en que está afundido o pesqueiro Vilaboa Uno, a uns 120 metros de profundidade, para obter imaxes e coñecer dunha forma máis concreta a súa situación, xa que se baralla a hipótese de que o mariñeiro de orixe peruana que está desaparecido está no interior do barco.
A Comisión de Investigación de Accidentes Marítimos do Ministerio de Transportes iniciará tamén hoxe os traballos de investigación do naufraxio para determinar "que é o que fallou".
Mentres tanto, a Garda Civil continúa a súa tarefa como policía xudicial ao haber unha investigación xudicial en marcha tras producirse dúas mortes xa confirmadas e probablemente unha terceira morte, a do mariñeiro desaparecido.