Un sacerdote e varias persoas, acoiteladas durante unha misa nunha igrexa de Sydney
Un sacerdote e varias persoas, acoiteladas durante unha misa nunha igrexa de Sydney
Segundo as autoridades, ningunha persoa sofre feridas que poñan en risco a vida
Nun comunicado, a Policía de Nova Gales do Sur, cuxa capital é Sydney, asegurou que o detido está a colaborar coa investigación
Un sacerdote e varias persoas foron apuñaladas por un home, que foi detido, durante unha misa católica nunha igrexa en Sydney, segundo informou a policía.
Segundo as autoridades, ningunha persoa sofre feridas que poñan en risco a vida e están a ser tratadas polos servizos de emerxencia.
Nun comunicado, a Policía de Nova Gales do Sur, cuxa capital é Sydney, asegurou que o detido está a colaborar coa investigación, sen precisar máis detalles. O ataque, na Igrexa asiria do Bo Pastor do distrito Wakeley, foi perpetrado mentres a cerimonia relixiosa era retransmitida en directo a través das redes sociais.
No vídeo obsérvase como un home vestido de negro se achega ao altar e acoitela o sacerdote en repetidas ocasións, mentres os fregueses van socorrelo. Este acoitelamento prodúcese unhas 48 horas despois doutro incidente con arma branca rexistrado nun centro comercial da cidade australiana, que se saldou con sete mortos, incluído o agresor.