Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un selo e unha mostra de pinturas do padre Silva para homenaxear o fundador do Circo de los Muchachos

Un selo e unha mostra de pinturas do padre Silva para homenaxear o fundador do Circo de los Muchachos

É unha iniciativa da Asociación Cultural Padre Silva para manter viva a súa memoria e o seu legado

Están a recoller sinaturas para que o Concello de Ourense dedique unha rúa ao Circo de los Muchachos e unha praza para o padre Silva

No ano 1963 fundou a primeira escola de circo de España, a segunda do mundo despois da escola do circo de Moscova

Exposición con pinturas feitas ao longo da vida do Padre Silva
G24.gal 15/02/2022 21:52

O xa desaparecidopadre Silva, Jesús Silva Méndez, coñecido por ser o fundador do Circo de los Muchachos en Benposta, en Ourense, tamén era pintor. A Asociación Cultural que leva o seu nome inaugurou no Liceo ourensán unha exposición cos cadros que pintou ao longo da súa vida e tamén presentaron un selo de Correos na súa honra. 

"Unha pequena, moi pequena homenaxe" da Asociación Cultural Padre Silva, din, para manter viva a súa memoria e o seu legado como o fundador da primeira escola de circo en España no ano 1963, a segunda despois da escola do circo de Moscova. E no ano 1966 creou o Circo de los Muchachos, na Cidade de los Muchachos, en Benposta, en Ourense. 

O padre Silva era un home polifacético e, ademais de crear o circo e os seus espectáculos cos que percorreron os mellores escenarios en cidades de todo o planeta, pintou ao longo de toda a súa vida, fixo esculturas e tamén escribía. 

"A virtude que tivo o padre Silva con estes nenos é que conseguiu facer destes rapaces uns grandes artistas e recorrer o mundo enteiro con eles", di Manilo Doñoro, o secretario da Asociación Cultural Padre Silva e exmembro do Circo de los Muchachos. 

"O 80 % dos artistas que compuxeron o Circo de los Muchachos eran de aldea profunda, nunca virun un circo, nin un teatro, nin un cine, nin unha gran cidade. O padre Silva basicamente o que daba era oportunidades. Non lle quitou a fame a ninguén, pero el daba oportunidades", asegura o ex-membro do Circo de los Muchachos. 

Manilo foi tamén un deses rapaces da Ciudad de los Muchachos de Benposta que percorreu o mundo co circo como humorista e pallaso. 

Agora desde o seu pequeno museo en Ourense soñan con recuperar a actividade na desaparecida Ciudad de los Muchados e recollen sinaturas para que o concello lle dea unha praza ao padre Silva e unha rúa para un circo que foi único e pioneiro.

 

O Padre Silva fundou no ano 1963 a primeira escola de circo de España.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade