Publicador de contidos
Publicador de contidos

Baixa a alerta por tsunami na costa occidental do Xapón provocada por un tremor de 7,6 graos

Baixa a alerta por tsunami na costa occidental do Xapón provocada por un tremor de 7,6 graos

50.000 persoas foron evacuadas en distintas rexións do país

G24.gal 01/01/2024 13:27 Última actualización 01/01/2024 19:47

O tremor tivo o opicentro na cidade de Wajima, no litoral occidental do Xapón, pero notouse en boa parte do arquipélago. O chan tremeu cunha intensidade de 7,6 graos, o que levou a decretar a máxima alerta por tsunami, coa previsión de que puidera provocar ondas de ata cinco metros de altura.

Nas zonas máis conflitivas evacuouse a poboación e revisáronse ao detalle as centrais nucleares para descartar danos importantes.

Pasadas as primeiras horas a alerta baixou. As ondas chegaron a terra cunha altura máxima de dous metros e a esta hora xa non se agarda que a superen.

O tremor provocou incendios e danos materiais aínda por cuantificar na parte occidental do Xapón. 36.000 fogares quedaron sen luz e suspendéronse os servizos aéreos e ferroviarios en varias localidades. Pero non hai constancia de falecidos.

As autoridades niponas recomendan manter as precaucacións durante uns días ante a posibilidade de réplicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade