Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un tornado arrasa unha vila no norte de Texas e mata tres persoas

Un tornado arrasa unha vila no norte de Texas e mata tres persoas

Polo menos 21 millóns de persoas, de Colorado a Kansas, estaban baixo alerta

G24.gal 16/06/2023 08:03

Un forte tornado arrasou este xoves a vila de Perryton, no norte de Texas, nos Estados Unidos, e matou tres persoas e feriu máis de 70, confirmaron as autoridades locais.

Segundo a cadea ABC, entre 50 e 70 dos feridos están nun hospital da zona, mentres que os que sufriron feridas máis graves foron levados en helicóptero a outros hospitais.

O tornado pasou por encima dun parque de caravanas, esnaquizando todo ao seu paso.

Polo menos 21 millóns de persoas, de Colorado a Kansas, estaban baixo alerta polas complicadas condicións meteorolóxicas.

Segundo a cadea local ABC, en Perryton podían verse polo menos tres tornados.

O xefe de bombeiros confirmou que polo menos trinta caravanas foron danadas ou destruídas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade