Un traballador do CHUO monta un belén para homenaxear os sanitarios tras a pandemia
Un traballador do CHUO monta un belén para homenaxear os sanitarios tras a pandemia
No Complexo Hospitalairo Universitario de Ourense podemos visitar un belén elaborado por un dos seus traballadores
Un cento de pezas feitas a man para homenaxear a todo o persoal sanitario que traballou na pandemia
O belén está elaborado por Emilio Cid, un traballador do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. Fíxoo con máis dun cento de pezas e todas están feitas á man.
Ten moitas mais pezas nas que traballa ao longo de todo o ano pero por espazo non puido metelas todas, este do CHUO ten 12 metros.
Cada Nadal elixe un lugar para montalo, este ano quixo facelo onde traballa, no Hospital de Ourense para homenaxear a todos os sanitarios que traballaron duro na pandemia.
Foron moitos os sanitarios axudaron a Emilio despois de anos moi complicados. Un belén onde non falta detalle nin do hospital, nin do persoal sanitario, de seguridade, do 061... tampouco faltan as escenas bíblicas e algunha que outra referencia á cidade de Ourense, como é o caso das Burgas.
Visitas recibe cada día de pacientes e familiares, un respiro agradable á súa estadía no hospital. Tamén veñen moitos escolares de varios centros da provincia para velo.
O Nadal xa inunda todos os recunchos tamén os deste centro sanitario.