Un vehículo en lapas colapsa un dos túneles de Folgoso na A-52 entre Vigo e Ourense
Un vehículo en lapas colapsa un dos túneles de Folgoso na A-52 entre Vigo e Ourense
Está cortado desde as 21:00 horas o sentido da circulación a Madrid e desvíase o tráfico pola N-120
Hai retencións quilométricas en plena operación retorno
Xornada de domingo de regreso accidentada nas estradas de Pontevedra e Ourense. Un vehículo incendiouse contra as 21:00 horas desta noite, mentres circulaba pola A-52 no túnel de Folgoso.
A Garda Civil recibiu un aviso do que sucedía e os servizos de emerxencias actúan na zona, no punto quilométrico 281.
O accidente co vehículo incendiado mantén o corte total da A-52 desde o quilómetro 281 ao 278 en sentido Benavente e Madrid. Os coches están a ser desviados pola Garda Civil pola N-120. O tráfico circula con normalidade en sentido a Vigo polo outro túnel.
Os bombeiros lograron, despois duns complicados traballos de extinción, sufocar as lapas do vehículo que quedou calcinado no interior do túnel.
É a principal vía de comunicación que conecta Ourense e Vigo, polo que o incidente está a causar retencións quilométricas.
Agora trabállase na extinción das lapas do turismo que envorcou e se incendiou no interior dun dos túneles.
As previsións da DXT indican que o corte se podería manter ata este luns pola mañá.