Publicador de contidos
Publicador de contidos

Regalan décimos de lotaría en Lugo a quen atope camisetas agochadas pola cidade

Regalan décimos de lotaría en Lugo a quen atope camisetas agochadas pola cidade

A iniciativa é dunha librería para facer máis lúdicas as festas

G24.gal 13/12/2023 19:27 Última actualización 13/12/2023 20:12

Se viven en Lugo ou van visitar a cidade nos vindeiros días, queden coa imaxe desta camiseta. Se a atopan nalgún punto da capital luguesa, ademais de quedar con ela, obterán un décimo de lotaría para o sorteo de Nadal. É a iniciativa lúdica dun empresario de Lugo para facer máis amenas as festas e que os veciños se divirtan buscando as pezas de roupa.

O xogo comezou o primeiro ano da pandemia, e ata o de agora agochaban os décimos envoltos en plástico. Pero este ano quixeron facer aínda maior o premio.

Nunha árbore, debaixo dun banco, metida nun sinal... en calquera punto pode estar a sorte. Van ser 50 camisetas agochadas en diferentes puntos por case toda a cidade.

O número que regalan é o 01181, que coincide coa data de inauguración do establecemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade