Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un xulgado de Pontevedra declara abusiva a inclusión dos clientes en ficheiros de morosos cando se dan de baixa

Un xulgado de Pontevedra declara abusiva a inclusión dos clientes en ficheiros de morosos cando se dan de baixa

As telefónicas son das empresas que xeran máis queixas entre os consumidores

G24.gal 10/01/2023 14:47

O Xulgado do Mercantil de Pontevedra declara abusivo que as compañías telefónicas inclúan nos ficheiros de morosos os exclientes cando se dan de baixa por non pagar conceptos cos que o usuario non está de acordo cando se dan de baixa.

Son clientes que ata a baixa pagaran todos os seus recibos sen problema. Son débedas normalmente pequenas, de menos de 100 euros, que presenta a compañía telefónica sen reclamalas xudicialmente. 

As telefónicas son das empresas que xeran máis queixas entre os consumidores. Neste caso a sentenza non é firme, e a compañía Orange xa anunciou que recorrerá.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade