Un youtuber estadounidense, marabillado co marisco e o peixe do país
Un youtuber estadounidense, marabillado co marisco e o peixe do país
O frescor e a calidade do produto galego deixounos coa boca aberta
"Nunca probara nada igual na vida", dicía un dos seus acompañantes
Chámase Mark Wiens, é estadounidense e supera os 9 millóns de seguidores en YouTube. Este influencer especializado en gastronomía visitou o noso país hai unhas semanas para probar "un dos mellores mariscos do mundo". E marchou encantado!
Wiens e os seus dous compañeiros só tiveron palabras de sorpresa e agrado na súa degustación do marisco e peixe galegos. "É literalmente o sabor puro do mar", indicaba no seu vídeo.
Os tres visitantes probaron ostras, vieiras, navallas, berberechos, cigalas, percebes, camaróns, castañeta... E todo lles encantou. "Nunca probara nada igual na vida", dicía un dos seus amigos.
Por suposto, acompañaron a comida con viños do país e sobremesas caseiras que seguiron aledándolles o padal.
Destacou o frescor, a calidade e a proximidade
Non abondando co Grove, Wiens visitou Santiago de Compostela, onde descansou antes de continuar a súa xira gastronómica por Asturias.
A súa fascinación polo sabor e o frescor do produto galego deixouse notar ao longo de todo o seu vlog.