Cargando resultados...
Unai Núñez afronta a visita do Cádiz como unha incógnita
Sobre saír do descenso: "Estamos abaixo, gañando podemos superar dous rivais e é un partido de enfrontamento directo"
G24.gal
01/12/2023 16:14
Última actualización 01/12/2023 16:25
Di Unai Núñez que gañar en Balaídos non é unha obsesión. Pero é consciente o central celeste que tras o traballo defensivo feito en Mestalla, a permanencia pasa polos partidos como local. Unai Núñez afronta a visita do Cádiz como unha incógnita.
Sabe que ao Cádiz non lle gusta arriscar, e que alguén terá que facelo.
"Quen queira gañar este partido terá que propor algo, senón non arriscará nada"
Sobre se teñen en mente a opción de saír do descenso, o central non quixo mollarse moito.
"O equipo non se enfoca demasiado na clasificación. Estamos abaixo, gañando podemos superar a dous rivais e é un partido de enfrontamento directo"