Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado o incendio próximo a Cascais, Portugal, que deixou 13 feridos leves

Controlado o incendio próximo a Cascais, Portugal, que deixou 13 feridos leves

Uns 500 efectivos traballan aínda na zona para evitar que o vento poida reactivar o incendio

G24.gal 26/07/2023 08:24

Trece persoas quedaron feridas leves durante as tarefas de extinción do incendio de grandes dimensións que se desatou o martes nunha zona de monte próxima á localidade lusa de Cascais e que hoxe xa está controlado, segundo Protección Civil.

O lume comezou nun monte próximo a Alcabideche (Cascais), a uns 35 quilómetros de Lisboa, e obrigou a evacuar de forma preventiva a unha decena de veciños dunha aldea e a uns 70 nenos dun campamento infantil.

O vento, con refachos superiores aos 20 quilómetros, complicou a extinción durante a madrugada, aínda que nas últimas horas o incendio "foi dominado", segundo un portavoz de Protección Civil.

As lapas deixaron 13 feridos leves, entre eles oito bombeiros, na súa maioría por inhalación de fume. 

Uns 500 efectivos traballan aínda na zona para evitar que o vento poida reactivar o incendio.

O maior risco foi o vento, con refachos superiores aos 20 quilómetros, que alimentou as lapas e fixo que os efectivos tivesen que moverse de localizacións, segundo Hugo Santos, comandante de Protección Civil da zona, que admitiu que "as próximas horas serán moi difíciles".

O lume obrigou a cortar a circulación na autoestrada A5 e en estradas próximas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade