Unha andaina noctuna amosa os petróglifos de Vimianzo baixo a luz das lanternas
Unha andaina noctuna amosa os petróglifos de Vimianzo baixo a luz das lanternas
Un estudante da zona descubriu unha ducia de petróglifos
A marcha foi organizada polo colectivo A Rula e polo Concello
David Roget é un apaixonado da arte rupestre. O que sinala coa man é un dos dez petróglifos que descubriu no concello de Vimianzo nos últimos anos.
“Empecei a analizar estas zonas e foron aparecendo máis e máis. Agora atopei arredor dunha ducia de petróglifos que se atopan a carón do núcleo de Vimianzo, o que lle dá máis valor”, explica.
Os achados que fixo David forman parte agora dunha ruta nocturna, un percorrido de catro quilómetros que sae do centro de Vimianzo e que fai parada nos petróglifos de Somontemío, Cruz do Loureiro e Prado da Cruz.
“O ano pasado fixemos a primeira visita aos petróglifos que descubriu David e tivo moito éxito, e este ano decidimos repetir. Vense mellor de noite iluminados cunha luz correcta. De día vas e, dependendo de como dea a luz nese momento, podes estar diante do petróglifo e non ver nada”, explica Víctor Santos, técnico do Concello de Vimianzo.
A marcha nocturna, organizada polo colectivo A Rula e o Concello de Vimianzo, permite contemplar o maior conxunto de arte rupestre da comarca de Soneira.