Unha artista viguesa, autora do mural que adorna Union Square en Nova York
Unha artista viguesa, autora do mural que adorna Union Square en Nova York
Vanesa Álvarez rende homenaxe á loita contra o cambio climático
350.000 persoas pasan cada día por esta céntrica praza
É a única galega e a única española, que o conseguiu. Pintar o xigantesco mural que cada ano adorna os 700 metros cadrados da céntrica Union Square de Nova York. Vanesa Álvarez asegura que é a praza onde pasan todas as cousas. E por iso quixo que a súa obra faga reflexionar sobre o cambio climático e o feminismo, sen esquecer Galicia.
Foi seleccionada, entre outros 26 candidatos, para deseñar a xigantesca pintura que adorna desde o mércores o asfalto de Union Square, unha zona peonil por onde pasan cada día máis de trescentas mil persoas.
"Sempre me preguntan de onde veñen as miñas cores porque uso moito os turquesas, os verdes e sempre lles digo que veñen do que teño na miña retina de sempre, que é Galicia, claro"
Contou coa axuda de 150 voluntarios para pintar esta obra que chamou "A unión co universo", coa que pretende que todos os que crucen esta praza reflexionen sobre a loita contra o cambio climático.
"Nesta praza vimos protestar por todo, entón unha das cousas que temos enriba da mesa é o cambio climático que está sendo algo bestial e este ano creo que o estamos notando máis ca nunca"
Vanesa xa pintou outros murais na cidade, un deles dedicado ao camiño de Santiago.
"Por un ano enteiro, por favor, que todos os galegos que viven aquí ou que veñan visitar a Gran Mazá veñan ver este Union whith the Universe".