Comida, cartos..., todo tipo de axuda chega a Valencia desde toda España
Comida, cartos..., todo tipo de axuda chega a Valencia desde toda España
Voluntarios de distintos puntos de España seguen chegando ás zonas máis afectadas
Armados de solidariedade, portando pas, caldeiros, vasoiras, e ataviados con botas e guantes. Centos de voluntarios seguen chegando ás zonas máis afectadas pola DINA. O obxectivo: paliar as necesidades da poboación.
Uns chegan a pé e outros en autobuses. A Generalitat Valenciana centraliza a súa organización a través da plataforma de voluntariado.
A avalancha de solidariedade obrigou a habilitar moitos máis autobuses dos previstos. Unha vez na zona, métense no barro. Persoas de distintas idades e perfís, moitos deles dispostos a saltar as restricións para chegar ás zonas máis castigadas.
Mentres, dende a Generalitat piden que os voluntarios que acudan de forma gradual, para poder organizar o traslado da maneira máis eficiente posible.