Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría en Vigo deixa sen luz a estación de Urzaiz e suspende a conexión con Redondela

Unha avaría en Vigo deixa sen luz a estación de Urzaiz e suspende a conexión con Redondela

A avaría eléctrica afectou 3.000 clientes de Naturgy e quedou resolta por completo sobre as seis da tarde

Renfe comunicou aos viaxeiros que debían coller trens de media distancia ou alta velocidade en dirección A Coruña que se dirixan á estación de Guixar 

G24.gal 13/04/2023 16:30 Última actualización 13/04/2023 21:01

A circulación de trens entre estación de Vigo-Urzaiz e Redondela viuse afectada desde primeira hora deste xoves despois de que se rexistrase unha avaría nun cable subterráneo nas inmediacións da estación que deixou sen luz ao Centro Vialia e a varias rúas contiguas.

Foi sobre o mediodía cando condutores e viandantes comezaron a ver fume saíndo dunha arqueta na Baixada da Estación, ata onde acudiron os Bombeiros de Vigo e persoal da empresa Naturgy, que a tal hora traballa para solucionar a avaría.

“Derivado dun incendio no Túnel Das Maceiras ven afectadas as circulacións entre Vigo Urzaiz-Redondela AV”, informou Renfe.

A compañía ferroviaria comunicou aos pasaxeiros dos trens de Media Distancia entre Vigo e A Coruña MD 9143, MD 9142, MD 9132, e os dos Alvia 4184, 4115 e 4354, con saída na estación de Urzaiz que se dirixan á estación de Guixar para embarcar.

Ata o lugar do incidente desprazouse tamén a Policía Local ante os problemas de tráfico que se xeraron na zona.

A avaría afectou 3000 clientes

A avaría eléctrica afectou 3.000 clientes de Naturgy e quedou resolta por completo sobre as seis da tarde. Fontes da compañía confirmaron que a recuperación tivo lugar de xeito paulatino e que os últimos en recuperar o subministro eléctrico foron os locais do centro comercial máis próximos á Praza da Estación, onde se localizou o problema.

A circulación de trens entre a estación de Vigo-Vialia e Redondela quedou tamén restablecida tras varias horas suspendida debido a esta avaría que xurdiu por mor dun incendio que afectou un cable subterráneo nas proximidades da terminal viguesa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade