Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un edificio das Pontes leva 15 días sen calefacción e sen auga quente por unha avaría na caldeira

Un edificio das Pontes leva 15 días sen calefacción e sen auga quente por unha avaría na caldeira

Denuncian incontables problemas no inmoble en que viven desde hai xa unha década

G24.gal 01/02/2023 14:20

Un auténtico pesadelo é o que están a vivir os veciños dun inmoble das Pontes. Por mor dunha avaría na caldeira levan sen auga quente e sen calefacción desde hai quince días.

Pero o caso é que denuncian que veñen sufrindo unha morea de problemas desde que comezaron a vivir nese edificio hai xa unha década.

Contan que cada vez que chega a chuvia intensa, o soto e mais o garaxe se anegan e que teñen que estar sempre moi vixiantes para sacar os coches a tempo e estacionalos na rúa.

En resumo, explican que a deterioración do inmoble medra día a día a pasos axigantados, polo que esixen solucións urxentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade