Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha avaría nun tren Alvia interrompeu dúas horas o servizo entre Galicia e Madrid

Unha avaría nun tren Alvia interrompeu dúas horas o servizo entre Galicia e Madrid

Medio milleiro de viaxeiros tivo que completar a viaxe en autobús

G24.gal 31/03/2022 18:11

Unha avaría nun Alvia no intercambiador de Taboadela mantivo interrompida a comunicación por tren entre Galicia e Madrid durante dúas horas este xoves.

Todos os Alvia que tiñan que pasar polo cambiador sufriron atrasos, dous quedaron bloqueados  na estación de Ourense e outro que viña de Madrid en Taboadela.

A demora afectou máis de medio milleiro de viaxeiros que se viron obrigados a continuar camiño a destino en autobús.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade