Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha balea azul aparece morta na ría de Vigo posiblemente a causa do impacto cun barco

Unha balea azul aparece morta na ría de Vigo posiblemente a causa do impacto cun barco

O corpo do cetáceo, duns dez metros, foi atopado aboiando preto do peirao de Bouzas e trasladado ao Berbés

G24.gal 18/04/2023 16:44 Última actualización 18/04/2023 20:25

 A balea morta que apareceu á valga na ría de Vigo morreu posiblemente por mor dun impacto cun barco de grandes dimensións.

Así o confirmaron especialistas da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma), que lle fixeron a necropsia ao animal.

Trátase dun exemplar de balea azul, duns 10 metros de lonxitude e 6 toneladas de peso. Recolleuno un buque de Salvamento Marítimo.

Esta é a primeira ocasión en que un exemplar desta especie aparece morto en augas da ría de Vigo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade