Cargando resultados...
Unha bategada asolaga o centro de Vilagarcía de Arousa
Os comerciantes denuncian que sofren inundacións constantes en días de moita chuvia
Un dos comercios que sufriu as consecuencias da chuvias en Vilagarcía
G24.gal
29/10/2021 17:03
A chuvia intensa das últimas horas volveron provocar asolagamentos no centro de Vilagarcía de Arousa. A auga acumulada chegou a entrar nalgúns baixos comerciais.
Cada vez que cae un ballón de auga, os comerciantes da rúa Rey Daviña prepáranse para o peor.
As bategadas recentes xa case non sorprenderon a ninguén nesta zona comercial da cidade arousá. A pesar de todas as precaucións, acumulouse tanta cantidade de auga que chegou a entrar nalgúns negocios.
A previsión indica que as chuvias continuarán durante toda a ponte festiva con intensidade variable.