Unha casa de Guitiriz enche de luces de nadal os 3.000 metros do seu xardín
Unha casa de Guitiriz enche de luces de nadal os 3.000 metros do seu xardín
Un parque temático aberto ao público de balde
Dende media tarde non paran de chegar visitantes á casa do Cancelo, na parroquia guitiricense dos Vilares, unha peregrinaxe motivada polos milleiros de luces de nadal cos que María Xosé adorna o xardín da súa casa.
Cada ano María Xosé e a súa familia ampliaban a decoración, e, pouco a pouco, empezou a chegar a xente atraída polas luces.
Case dous meses de motaxe e oito persoas atedendo aos 4.000 visitantes que pasan cada nadal son necesarias para esta postal.
Os millóns de luces led e os motores que manteñen as figuras fan que o gasto da luz aumente moito nestas datas, pero é tal a satisfacción que lle dá a María Xosé ver así o seu xardín, que prefire nin pensar na factura, e comprométese a manter a casa aberta ao público ata o 6 de xaneiro.