Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha Cultural con acento galego derrota con facilidade o Ourense C. F.

Unha Cultural con acento galego derrota con facilidade o Ourense C. F.

Luis Chacón e Manu Justo marcaron dous dos tres goles do líder da 1ª RFEF

G24.gal 12/10/2024 20:06

O líder -Cultural Leonesa- e o pechacancelas -Ourense Club de Fútbol- demostraron no Reino de León o momento polo que pasan os dous equipos. Vitoria da Cultural moi clara (3-0) e con acento galego.

Dous dos tres goles do primeiro clasificado na 1RFEF marcáronos o centrocampista Luís Chacón e o dianteiro Manu Justo. O outro anotouno Artola.

A Cultural non quixo sorpresas e amosouse moi superior a un equipo ourensán que terá que mellorar moito se non quere que o seu paso pola categoría sexa efémero. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar