Unha de cada dúas persoas discrimina os maiores por cuestión da idade
Unha de cada dúas persoas discrimina os maiores por cuestión da idade
A fenda dixital e os coidados son as principais causas
Unha de cada dúas persoas discrimina os maiores por cuestión da idade. É o idadismo.
Segundo o Servizo Estatal de Atención a Persoas Maiores a dificultade para acceder a servizos esenciais, a fenda dixital e os coidados son os motivos polos que máis discriminados se senten.
Unha de cada dúas persoas ten comportamentos idadistas, segundo a Organización Mundial da Saúde. Preguntamos ás persoas maiores se certamente se senten discriminadas e a súa maioría afirma que non as teñen en conta.
Moita xente non é consciente desta discriminación cara aos maiores.
A fenda dixital impídelles acceder a servizos esenciais. Son varias as institucións que, como a Cruz Vermella, organizan obradoiros para acompañalos no uso das novas tecnoloxías, apoderar as persoas maiores e facerlles o seu día a día máis doado. É o que piden. Coidados a quen deu todo polos seus.