Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha ducia de ríos e sete rías, en vixilancia por risco de inundacións

Unha ducia de ríos e sete rías, en vixilancia por risco de inundacións

A maioría dos leitos en seguimento están nas provincias de Lugo e da Coruña

Pídese precaución para evitar riscos

G24.gal 02/03/2024 20:07 Última actualización 02/03/2024 20:24

Ás beiras do Miño, na Terra Chá, ao mediodía, o río empezaba a verse desbordado e esperábase que fose a máis.

 "Contra a noite ou así, cando empece a baixar aló arriba, aquí vai ser todo auga", vaticinaba un veciño.

O mesmo veciño explicaba que hai unha semana xa se anegara toda a ribeira. Na zona están afeitos de sempre ás enchentes.

"Temos collido as troitas nos prados algún día", aseguraba.

No río Tambre, ao seu paso pola Ponte Maceira, a media tarde, o nivel da auga tamén era alto, pero nese momento sen saír apenas do seu leito.

Ao serán mantíñanse en seguimento especial por risco de inundacións unha ducia de ríos e sete rías, a maioría das provincias da Coruña e de Lugo, e recomendábase prudencia para non verse sorprendidos por posibles riadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade