Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha empresa de disfraces ten que cuadruplicar o seu persoal para atender todos os pedidos

Unha empresa de disfraces ten que cuadruplicar o seu persoal para atender todos os pedidos

Está en Ponteareas e surte de disfraces media Europa

G24.gal 30/01/2023 21:36

Quedan pequenos os sete mil metros cadrados da nave que Don Disfraz ten en Ponteareas para estibar as catorce mil referencias que teñen en catálogo.

Tres mil disfraces repártense cada día. Case a metade deles van con destino a países europeos.

O entroido supón o 50 por cento do volume de negocio, o cal repercute na contratación de persoal nesta época.

A empresa funciona como distribuidora de produto que merca a provedores, pero ten tamén propostas propias. E sempre está atenta ás modas.

A cada vez maior desestacionalización do produto permítelle mellorar as cifras cada ano.

Pensando no cliente máis próximo, a tenda abre estes días para mercar alí de xeito presencial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade