Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha empresa galega aposta polas desalinizadoras

Unha empresa galega aposta polas desalinizadoras

O proceso de potabilizar a auga aínda é caro pola enerxía que consome

G24.gal 12/02/2024 16:04

Converter a auga salgada do mar en auga doce e potable é unha esperanzadora solución para un recurso cada vez máis escaso e cotizado. Unha empresa galega intenta, especializada en solucións para o tratamento da auga, exportar xa as súas máquinas potabilizadoras.

Os principais destinos dos aparellos son as plataformas marítimas para o consumo do seu persoal, os barcos e a hostalería, especialmente no Caribe.

E aínda que de momento o proceso desalinizador resulta caro debido á enerxía que consome, cren que pode ser unha solución á crecente demanda mundial de auga que está provocando o cambio climático.

"Pode ser unha solución realmente moi interesante. Hoxe a tecnoloxía está avanzando e cada vez son plantas máis eficientes polo que pode ser unha solución", comenta Javier Expósito de Desalinizadoras Gefico.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade