Unha empresa galega fabrica árbores de Nadal de cartón baseadas nun principio de sostibilidade
Unha empresa galega fabrica árbores de Nadal de cartón baseadas nun principio de sostibilidade
Poden decorarse e personalizarse ao gusto do consumidor
Un mes antes das festas do Nadal, a decoración para estas datas está na mente de todos.
E tamén xorde a eterna pregunta: árbore natural ou artificial? Unha disxuntiva á que se suma agora a proposta dunha empresa de Silleda que fabrica árbores de cartón baseadas nun principio de sostibilidade.
Unha iniciativa que xurdiu o ano pasado e que, ante a grande aceptación, obrigou os seus creadores a ampliar a oferta de 8 a 24 modelos,
Deseños adaptables a todo tipo de espazos, con diversos tamaños e que poden levar xa impresa a decoración ou ben que o consumidor elixa como quere personalizalas.
Están feitos con material sostible, son doados de montar e de gardar, non precisan doutros complementos e o seu prezo anda entre 9 e 170 euros, o que pode ser o segredo do seu éxito.