Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha enfermeira galega arrasa nas redes sociais con publicacións sanitarias

Unha enfermeira galega arrasa nas redes sociais con publicacións sanitarias

Con case 140.000 seguidores en Instagram, a enfermeira Belinda Ínsua é toda unha icona nas redes sociais

No seu perfil atopamos desde consellos sanitarios a pasatempos ou vídeos de humor

G24.gal 28/05/2024 19:34 Última actualización 28/05/2024 20:09

Esta é unha das últimas publicacións de @bel_enfermeria: "Hoxe douche cinco consellos para unha correcta hixiene do sono".

Esta enfermeira de Camariñas, que actualmente exerce no Hospital de Ourense, tamén estudou Filoloxía Hispánica e ten milleiros de seguidores nas redes sociais, como divulgadora sanitaria.

Belinda Ínsua Fuentes, enfermeira, filóloga e 'instagrammer': "Sempre quixen dedicarme a algo relacionado coa sanidade. Eu defínome como enfermeira".

Acaba de facer a residencia en Saúde Mental, unha especialidade da que tamén informa nas súas redes.

"A sanidade é un mundo que che require estar actualizada todos os días. Subir contido, buscar información e que estea baseada na evidencia científica é algo que a min me enriquece", explica.

Todo empezou, lembra, cando estaba estudando e tivo que recorrer ás publicacións doutras persoas na procura de axuda.

"Entón decidín facelo eu para axudar outras persoas que estean na miña mesma situación".

Acaba de concluír a especialidade, pero non ten plans de deixar nin o hospital de Ourense nin a súa dedicación ás redes sociais, onde tamén atopou espazo para o humor e o entretemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade