Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha enfermeira galega conta a súa dura experiencia con Médicos sen Fronteiras en Gaza

Unha enfermeira galega conta a súa dura experiencia con Médicos sen Fronteiras en Gaza

Ruth Conde estivo cinco semanas en Gaza

Estivo traballando maiormente en Rafah, nunha clínica de atención primaria

Moi emocionada, relatou unha situación de extema necesidade que só vai a peor

G24.gal 29/01/2024 13:12

A situación de extrema necesidade que se vive en Gaza contouna este luns en Santiago a enfermeira Ruth Conde, que volveu da Franxa hai unha semana. 

Conde explicou o seu labor con Médicos sen Fronteiras. Alí estivo cinco semanas, realizando atención primaria e atendendo nacementos nunha situación que desborda os máis veteranos coma ela, maiormente en Rafah.

Sen medicamentos, con pacientes desnutridos, bebés sen vacinar e condicións hixiénicas deplorables nos campos de desprazados... e unha cidadanía atrapada e cada vez máis desesperada. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade