Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha enxeñeira dirixe en Nigrán a única empresa aeroespacial española que envía nanosatélites ao espazo

Unha enxeñeira dirixe en Nigrán a única empresa aeroespacial española que envía nanosatélites ao espazo

Empresarias de Galicia deulle este ano o premio ao emprendemento

G24.gal 08/03/2024 16:24 Última actualización 08/03/2024 16:52

Empresarias de Galicia recoñeceu este ano co premio ao emprendemento a Yanina Hallak. É unha enxeñeira aeronáutica que se estableceu en Nigrán.

Alí fundou e dirixe a única empresa aeroespacial de España que deseña vehículos para poner en órbita nanosatélites.

"Formeime entre A Arxentina, Estados Unidos e Holanda, e a raíz dun proxecto aeroespacial trouxéronme a traballar a España. E decidimos formar Uarx Space co propósito de enviar pequenos satélites ao espazo" 

Yanina Hallak, enxeñeira aeroespacial e aeronáutica e confundadora de Uarx Space, recibiu o recoñecemento das empresarias galegas por ser a única muller en España que é CEO dunha empresa aeroespacial especializada en transferir nanosatélites á órbita terrestre. Ao seu carón, a maqueta do vehículo que construirán para enviar ao espazo dentro dun ano e medio.

"En xuño de 2025 lanzamos o vehículo de transferencia orbital, que é o primeiro que hai en España. Desprégase e nós somos un vehículo que se vai movendo polo espazo deixando outros satélites".

Antes desa misión de xuño de 2025 traballan para enviar dispensadores de nanosatélites coma este, noutros tres lanzamentos.

"Cada unha destas portas pode acoller un nanosatélite. Este dispensador ten o lanzamento en xuño deste ano, desde a Güiana francesa nun foguete europeo, o Ariane VI".

15 persoas traballan no deseño e integración destes dispositivos que se acoplan despois en misións espaciais. Nun ano prevé duplicar o seu cadro de traballadores. 

"Cando eu era pequena e se me ocorreu estudar enxeñería aeroespacial non tiña unha muller de referencia. Agora si as hai, e está en nós facerlles ver ás nenas que poden ocupar cargos en empresas de tecnoloxía e que o espazo está aberto para todas e para todos", conclúe Yanina. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade