Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha explosión nun festival científico deixa 18 persoas feridas en Xirona

Unha explosión nun festival científico deixa 18 persoas feridas en Xirona

As imaxes do momento do accidente dan conta do desconcerto vivido polo público, na súa maioría familias

G24.gal 01/10/2022 15:05 Última actualización 01/10/2022 18:23

No momento de maior concentración do público, algo falla no experimento e o bidón de nitróxeno líquido e auga quente estoupa. O estrondo atronou o edificio todo, que tivo que ser desaloxado.

No patio da Casa de Cultura de Xirona había nese momento varios centos de persoas que asistían a un festival de divulgación científica, segundo explica a alcaldesa, Marta Madrenas.

"Unha actividade organizada pola propia Universidade de Xirona que se fixo tantas veces e cando se estaba facendo un acto de maxia e ciencia houbo unha explosión. Había moitas persoas, familias e nenos".

As persoas afectadas non teñen queimaduras senón lesións producidas polo impacto dos pedazos do bidón metálico despedidos.

Hai 18 persoas feridas, dez son cativos. A peor parte levouna un dos investigadores e unha nena que está grave pero estable. A alcaldesa descartou que o estoupido ocasionase risco químico ningún.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade