Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha farmacéutica de Ribadavia triunfa nas redes cantando consellos

Unha farmacéutica de Ribadavia triunfa nas redes cantando consellos

Noa Ruíz Lameiras acaba de gañar un premio polo seu labor nas redes sociais; competía contra outras catro mil farmacias de toda España

Na súa conta de Instagram, esta farmacéutica combina dúas paixóns: a farmacia e o canto

Captura do Instagram de Noa Ruiz
G24.gal 10/11/2022 20:26

A punto de cumprir medio século de historia, a farmacia Lameiras é das máis antigas de Ribadavia, pero tamén das máis innovadoras.

O mérito é de Noa Ruíz, a segunda xeración, que se vale das redes sociais para dar consellos dermatolóxicos cun peculiar estilo.

"Se queres coidar a túa pel, o primeiro que debes facer é limpar con micelar", canta nunha estrofa que adapta o clásico de Julie Andrews e que lle valeu o premio Unnico á mellor idea dixital.

Noa Ruiz Lameiras, Farmacéutica e instagramer: "As farmacias parece que estamos aquí estáticas, sen facer nada, pero os tempos seguen correndo e hai que adherirse ao que vén".

Gústalle cantar e busca referencias tamén actuais, que conecten co público máis novo.

"Como está de moda a Rosalía, Wisin and Yandel e todos estes... pois dixen, imos adaptar esta canción. Ves que a xente reproduce, reproduce, reproduce... Mesmo me din: teño a túa canción na cabeza en vez da orixinal", explica Noa.

Quere, sobre todo, atraer a xente nova: "Porque agora hai moitísimos problemas que ás veces non sabemos detectar e hai que amosarlle interese á xente que vén".

O premio que acaba de recibir, di, é un estímulo para seguir traballando.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade