Unha galleta por un adorno de Nadal: a iniciativa dunha tenda de doces que triunfa en Pontevedra
Unha galleta por un adorno de Nadal: a iniciativa dunha tenda de doces que triunfa en Pontevedra
A iniciativa púxoa en marcha hai cinco anos unha tenda de doces e xa se converteu nunha tradición
O intercambio ten data de caducidade, só se pode facer este mércores
Unha galleta a cambio dun adorno de Nadal. É a iniciativa posta en marcha hai cinco anos por unha tenda de doces de Pontevedra que xa se converteu en toda unha tradición na cidade. O intercambio só se leva a cabo hoxe e os clientes responden con moito entusiasmo, especialmente os máis pequenos, que lle botan ademais imaxinación e creatividade.
A iniciativa ocorréuselle a unha das dúas irmás Fariña, propietarias da Artesa, na zona vella de Pontevedra, hai cinco anos xa, coa idea de fomentar o espírito de Nadal entre clientes e veciños. A pesar das dubidas iniciais de Lidia, a idea foi un éxito.
O intercambio ten data de caducidade: só hoxe. A galleta elixida este ano como agasallo é un crebanoces e os adornos deben cumprir uns requisitos: de madeira, brancos, vermellos ou con elementos naturais para que encaixen coa decoración da tenda.
Aínda que non todos captan a mensaxe e as pautas, os adornos son ben recibidos.