Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha investigación da USC ábrelle a porta a novos tratamentos para a diabetes

Unha investigación da USC ábrelle a porta a novos tratamentos para a diabetes

A incidencia da doenza a nivel mundial aumentou máis dun 40 % desde o 2019

A investigación do CIMUS acaba de ser premiada pola Real Academia Galega de Ciencias

G24.gal 23/03/2024 14:49 Última actualización 23/03/2024 15:30

A investigación do Centro de Medicina Molecular da Universidade de Santiago descubriu un mecanismo esencial da diabetes tipo 2, que fai que o fígado produza un exceso de glicosa. O estudo revelou que se debe a unha modificación nunha das proteínas más importantes no proceso de produción da glicosa. Conseguir bloqueala ábrelle a porta a novos tratamentos.

"O bloqueo desta modificación axuda a reverter ou a reducir os niveis de glicosa no sangue. Establécese esta modificación desta proteína como unha diana terapéutica", explica Uxía Fernández Paz, investigadora do CIMUS.

A diabetes é a sétima causa de morte en todo o mundo, segundo a Organización Mundial da Saúde. A súa incidencia está crecendo dun xeito alarmante debido a hábitos de vida pouco saudables.

"É unha doenza que sofren 540 millóns de persoas en todo o mundo, cun aumento do 42 % desde o 2019. Está crecendo a unha velocidade alarmante. Vai da man da obesidade e o sedentarismo", explica a investigadora do CIMUS.

En Galicia hai máis de 200.000 persoas afectadas pola diabetes, unha doenza que se non se controla pode provocar perda de visión, insuficiencia renal ou problemas cardiovasculares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade